Fai xa moito tempo que non escribo nada no blog, polo que hoxe vou a escribir algo de interese (e de valor) para moitas persoas, trátase nin máis nin menos que de almacenamento online da nosa información (a poder ser gratuitamente).
Probei bastentes opcións para almacenar a nosa información online (non quero saber nada da lei de protección de datos, que xa nos dou para un bo debate no café desta semana no traballo) pero voume a decantar por dúas.
- A primeira opción é DropBox
DropBox ofrécenos un espazo online de 2GB (gratis) o cal podemos ir aumentando ata un máximo de 8GB de forma gratuíta a través de invitacións a amigos e de facerse seguidores/fans en diferentes redes sociais como poden ser facebook ou twitter, nesta dirección
https://www.dropbox.com/free. Unha vez rexistrado en Dropbox, descárgaste un programa, instálalo e a partir de ahí créaseche unha carpeta (normalmente en “Mis Documentos”, depende do Sistema Operativo) na que podes copiar todo o que consideres necesario, creándose así unha copia online de todo o contido desa carpeta.
Outra boa utilidade é instalar o dropbox en máis de un ordenador, así podemos compartir arquivos entre ordenadores e asegurarnos de teres actualizados os contidos en cada ordenador no que estea instalado o programa.
Polo tanto, podemos acceder así a nosa información tanto dende a web de DropBox, dispositivos móviles ou dende calquera ordenador no que teñas o programa instalado e enlazado ca tua conta de dropbox. Na actualidade o DrobBox está dispoñible para iphone, ipad, blackberry e android.
No caso de necesitares máis espazo que os 8GB gratuítos teríamos que pasarnos a opcións de pago, podédelas consultar aquí https://www.dropbox.com/plans
De momento, entre tódalas aplicacións que probei, esta para min é a mellor, a pesares do espacio limitado da versión de balde. Tendo en conta de que DropBox acaba de acadar os 45 millóns de usuarios (http://mashable.com/2011/10/18/dropbox-series-b/) , non parece mala opción e esperemos que pronto veñan boas novas con algunhas posibles melloras e máis espazo de balde
Se queredes 250MB de balde tan so tedes que premer no seguinte enlace: dame os meus 250MB! rexistrarvos, descargar o programa, instalalo e a disfrutalo!.
- A segunda opción é SkyDrive
Esta opción ven da man de Microsoft, e así de arracada ofrécenos 25GB de espazo online para almacenar todo o que nos pete (e nos colla).
En principio esta opción parece bastante boa, xa que 25GB seguramente nos cubran ben o espazo necesario para almacenar boa parte da nosa información máis importante.
O problema que lle vexo a esta opción é que non é tan cómodo de actualizar a información coma no dropbox, xa que o temos que facer a través do navegador, aínda que acabo de atopar este enlace, dónde nos amosan unha forma de facer que poidamos acceder a SkyDrive dende unha unidade do noso ordenador, sen ter que recurrir ó navegador para subir e descargar información.
Estas son as dúas opcións que eu recomendaría se alguén me pedise consello, pero está claro que non son as únicas do mercado, xa que está por exemplo SugarSynk, que ofrece 5GB de balde e permite aumentar o espacio gratuitamente invitando a amigos.
Non estaría demais que se coñecedes algunha outra interesante mo fagades saber, xa que o saber non ocupa lugar!