A continuación vou poñer os pasos necesarios (de forma moi resumida) para poder iniciar un sistema operativo dende unha imaxen de un disco virtual (vhd) e montar imaxes dependientes. Esto todo coa inestimable axuda do señor google e o señor @dariocp.
Antes de nada, comentar algunhas das ventaxas que ten esto.
- Permítenos arrancar múltiples sistemas operativos sen ter que crear diferentes particións.
- Podemos crear unha imaxen común (imaxen pai) como base e a continuación imaxes dependientes (fillas) nas que podemos instalar e probar diferentes configuacións sen provocar cambios na imaxen pai.
- O rendemento que se perde ó arrancar o SO desta forma é practicamente o mesmo que arrancando un SO de forma habitual.
Crear a imaxen vhd e instalar o sistema operativo.
- Metemos o disco de instalación de Windows 7 e escollemos “Repair your computer”.
- Escollemos a opción de “Command Prompt” para iniciar a consola.
- Unha vez que teñamos a consola de linea de comandos aberta escribimos o comando “diskpart”.
- Procedemos ahora a crear a imaxen vhd, cos seguintes comandos:
create vdisk file=c:\vhd\Win7-Virtual.vhd max = 30000
select vdisk file=c:\vhd\Win7-Virtual.vhd
attach vdisk
exit
- Ahora poñemos “setup” para volver a executar o Instalador de Windows, e cando nos pregunte qué tipo de instalación desexamos, pulsamos en “Personalizada”.
- Ahora preguntarásenos dónde queremos instalar o Sistema Operativo, debemos escoller a “partición” da imaxe que acabamos de crear. Pulsamos en continuar, e deixamos que se instale o SO.A partir deste momento temos un segundo sistema operativo que se arrancará dende unha imaxen de disco virtual, podendo escollelo ó iniciar o pc.Se queredes máis detalles, aquípoderedes encontralos.Modificación do Windows Boot ManagerModificaremos ahora as opcións de arranque dende a consola de comandos co comando “bcdedit”.
- Listamos todalas opcións de arranque con “bdcedit /v”
- Se queremos cambiar o nome dalgunha opción de arranque, utilizaremos o comando cos parámetros que indico a continuación, dónde o identifier ven dado polo comando anterior:
bcdedit /set {identifier} description “Novo nome”
Creación de imaxes dependientes
create vdisk file=”c:\ vhd\Win7-Virtual-Fillo” parent=”c:\ vhd\Win7-Virtual”
bcdedit /copy {<GUID_entrada_original>} /d “<nome_menu_arranque>”
bcdedit /set {<GUID_entrada_clonada>} device “vhd=[c:]\vhd\Win7-Virtual-Fillo”
bcdedit /set {<GUID_entrada_clonada>} osdevice “vhd=[c:]\vhd\Win7-Virtual-Fillo”
Para máis detalles coa creación de imaxes dependientes: podedes consultar este enlace.
Con esto poderemos ter tantos na imaxe “pai” unha instalación limpa, e nas “fillas” teremos en cada unha delas as personalizacións ou programas que sexan necesarios, aforrándonos así ter que instalar o so de cada vez que queiramos crear unha imaxe nova para facer probas.
Espero que quedase máis ou menos claro todo, e se non é así, pois preguntade!