Archivo de la categoría interesante

Arrancar o sistema operativo nativo dende discos virtuais.

A continuación vou poñer os pasos necesarios (de forma moi resumida) para poder iniciar un sistema operativo dende unha imaxen de un disco virtual (vhd) e montar imaxes dependientes. Esto todo coa inestimable axuda do señor google e o señor @dariocp.

Antes de nada, comentar algunhas das ventaxas que ten esto.
- Permítenos arrancar múltiples sistemas operativos sen ter que crear diferentes particións.
- Podemos crear unha imaxen común (imaxen pai) como base e a continuación imaxes dependientes (fillas) nas que podemos instalar e probar diferentes configuacións sen provocar cambios na imaxen pai.
- O rendemento que se perde ó arrancar o SO desta forma é practicamente o mesmo que arrancando un SO de forma habitual.

Crear a imaxen vhd e instalar o sistema operativo.
- Metemos o disco de instalación de Windows 7 e escollemos “Repair your computer”.
- Escollemos a opción de “Command Prompt” para iniciar a consola.
- Unha vez que teñamos a consola de linea de comandos aberta escribimos o comando “diskpart”.
- Procedemos ahora a crear a imaxen vhd, cos seguintes comandos:

create vdisk file=c:\vhd\Win7-Virtual.vhd max = 30000
select vdisk file=c:\vhd\Win7-Virtual.vhd
attach vdisk
exit

- Neste momento a imaxen estaría creada, polo que saímos do diskpart con “exit”.
- Ahora poñemos “setup” para volver a executar o Instalador de Windows, e cando nos pregunte qué tipo de instalación desexamos, pulsamos en “Personalizada”.
- Ahora preguntarásenos dónde queremos instalar o Sistema Operativo, debemos escoller a “partición” da imaxe que acabamos de crear. Pulsamos en continuar, e deixamos que se instale o SO.A partir deste momento temos un segundo sistema operativo que se arrancará dende unha imaxen de disco virtual, podendo escollelo ó iniciar o pc.Se queredes máis detalles, aquípoderedes encontralos.Modificación do Windows Boot ManagerModificaremos ahora as opcións de arranque dende a consola de comandos co comando “bcdedit”.
- Listamos todalas opcións de arranque con “bdcedit /v”
- Se queremos cambiar o nome dalgunha opción de arranque, utilizaremos o  comando cos parámetros que indico a continuación, dónde o identifier ven dado polo comando anterior:
bcdedit /set {identifier} description “Novo nome”

Creación de imaxes dependientes
Para crear imaxes dependientes de unha en común, utilizaremos os seguientes comandos (dende o “Command Prompt” do cd de instalación de windows)

create vdisk file=”c:\ vhd\Win7-Virtual-Fillo” parent=”c:\ vhd\Win7-Virtual”
bcdedit /copy {<GUID_entrada_original>} /d “<nome_menu_arranque>”
bcdedit /set {<GUID_entrada_clonada>} device “vhd=[c:]\vhd\Win7-Virtual-Fillo”
bcdedit /set {<GUID_entrada_clonada>} osdevice “vhd=[c:]\vhd\Win7-Virtual-Fillo”

Para máis detalles coa creación de imaxes dependientes: podedes consultar este enlace.

Con esto poderemos ter tantos na imaxe “pai” unha instalación limpa, e nas “fillas” teremos en cada unha delas as personalizacións ou programas que sexan necesarios, aforrándonos así ter que instalar o so de cada vez que queiramos crear unha imaxe nova para facer probas.

Espero que quedase máis ou menos claro todo, e se non é así, pois preguntade!

Etiquetas: , , , ,

Almacenamento online de balde

Fai xa moito tempo que non escribo nada no blog, polo que hoxe vou a escribir algo de interese (e de valor) para moitas persoas, trátase nin máis nin menos que de almacenamento online da nosa información (a poder ser gratuitamente).

Probei bastentes opcións para almacenar  a nosa información online (non quero saber nada da lei de protección de datos, que xa nos dou para un bo debate no café desta semana no traballo) pero voume a decantar por dúas.

  • A primeira opción é DropBox
dropboxDropBox ofrécenos  un espazo online de 2GB (gratis) o cal podemos ir aumentando ata un máximo de 8GB de forma gratuíta a través de invitacións a amigos e de facerse seguidores/fans en diferentes redes sociais como poden ser facebook ou twitter, nesta dirección https://www.dropbox.com/free. Unha vez rexistrado en Dropbox, descárgaste un programa, instálalo e a partir de ahí créaseche unha carpeta (normalmente en “Mis Documentos”, depende do Sistema Operativo) na que podes copiar todo o que consideres necesario, creándose así unha copia online de todo o contido desa carpeta.
Outra boa utilidade é instalar o dropbox en máis de un ordenador, así podemos compartir arquivos entre ordenadores e asegurarnos de teres actualizados os contidos en cada ordenador no que estea instalado o programa.
Polo tanto, podemos acceder así a nosa información tanto dende a web de DropBox, dispositivos móviles ou dende calquera ordenador no que teñas o programa instalado e enlazado ca tua conta de dropbox. Na actualidade o DrobBox está dispoñible para iphone, ipad, blackberry e android.

No caso de necesitares máis espazo que os 8GB gratuítos teríamos que pasarnos a opcións de pago, podédelas consultar aquí https://www.dropbox.com/plans

De momento, entre tódalas aplicacións que probei, esta para min é a mellor, a pesares do espacio limitado da versión de balde. Tendo en conta de que DropBox acaba de acadar os 45 millóns de usuarios (http://mashable.com/2011/10/18/dropbox-series-b/) , non parece mala opción e esperemos que pronto veñan boas novas con algunhas posibles melloras e máis espazo de balde ;-)

Se queredes 250MB de balde tan so tedes que premer no seguinte enlace: dame os meus 250MB! rexistrarvos, descargar o programa, instalalo e a disfrutalo!.

  • A segunda opción é SkyDrive

Esta opción ven da man de Microsoft, e así de arracada ofrécenos 25GB de espazo online para almacenar todo o que nos pete (e nos colla).

En principio esta opción parece bastante boa, xa que 25GB seguramente nos cubran ben o espazo necesario para almacenar boa parte da nosa información máis importante.

O problema que lle vexo a esta opción é que non é tan cómodo de actualizar a información coma no dropbox, xa que o temos que facer a través do navegador, aínda que acabo de atopar este enlace, dónde nos amosan unha forma de facer que poidamos acceder a SkyDrive dende unha unidade do noso ordenador, sen ter que recurrir ó navegador para subir e descargar información.

 

Estas son as dúas opcións que eu recomendaría se alguén me pedise consello, pero está claro que non son as únicas do mercado, xa que está por exemplo SugarSynk, que ofrece 5GB de balde e permite aumentar o espacio gratuitamente invitando a amigos.

Non estaría demais que se coñecedes algunha outra interesante mo fagades saber, xa que o saber non ocupa lugar!

Etiquetas: , , , , , , , ,